- APROAR: dirixir en certa dirección a proa dun navío.
- AVANTE: en dirección a un lugar que está diante nosa .
- BABOR: lado esquerdo do barco.
- BERGANTÍN: embarcación de dous paus de velas cadrangulares ou redondas.
- BRUMA: néboa pouco espesa, que se forma especialmente no mar .
- CABOTAXE: navegación mercante que se fai ó longo da costa, entre as portas dunha nación.
- COPE: parte do aparello, a xeito de bolsa, onde se concentra o peixe.
- ESTRIBOR: lado dereito do barco.
- FARO: torre cunha lanterna situado nalgún punto da costa ou arrecife. Serve para facilitar a navegación.
- FOQUE: vela triangular de proa nunha embarcación.
- GRUMETE: aprendiz de mariñeiro que axuda á tripulación nas súas faenas.
- MAREMOTOS: axitación violenta que se produce nas augas do mar debido á oscilación sísmica.
- MARIÑEIRO: todo profesional que traballa a bordo de embarcacións pesqueiras no mar, tamén chamado pescador.
- MARUSÍA: cheiro a mar e a algas; mar moi axitado, que pode facer perigosa a navegación.
- MASTRO: poste de madeira ou de ferro, colocado en posición vertical nun barco, que sostén as velas e, nos barcos modernos, as antenas de radio, os focos etc.
- NÁUFRAGO: persoa que sufriu un naufraxio.
- NAUFRAXIO: afundimento dun barco no mar, xeralmente provocado por unha vía de auga .
- ONDA: movemento circular das augas ascendentes e descendentes.
- POPA: parte traseira do casco dunha embarcación.
- PROA: parte dianteira do casco dunha embarcación.
- TEMÓN: peza de madeira ou de metal dunha embarcación, que fai xirar a balsa a babor ou a estribor.
- TIFÓN: ciclón moi violento dos mares da China e do océano Índico acompañado de fortes ventos e chuvias torrenciais .
- TRIPULACIÓN: conxunto de persoas encargadas de conducir e manter o servizo dun barco, avión ou nave espacial.
- VELEIRO: embarcación provista de velas que se move mediante a propulsión do aire.
Para todos aqueles que queirades profundizar máis no vocabulario mariñeiro deixámosvos este enlace a un dicionario mariñeiro feito na Arxentina. Se atopades un propio, podedes deixar comentario e enlace.
En La Voz de Galicia atopamos tamén as primeiras palabras do que sería un Dicionario mariñeiro, pero non atopamos continuidade.
Estoy haciendo para clase y este diccionario me ayuda mucho. Gracias.
GústameLiked by 1 person
Encantadas de poder axudar
GústameLiked by 1 person
Gustame o detalle de incluir un diccionario mariñeiro. É unha maneira de que ellas aprendan palabras e ademais de ensinarnolas a nos.
GústameLiked by 1 person
Ola!
Igual vos interesa isto:
http://www.rianxofala.com/#!no-meu-mar/cznu
http://www.toxosoutos.com/detalle_producto.php?PHPSESSID=df9c1cdad83f4c626616d0ce778bd165&cok=no&len=2&id=451&p=1&cat=0&txt=&nove=ok
GústameLiked by 1 person
En concreto, creo que está moi ben este pdf:
https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxtYXRlcmlhaXNkb2VkbGd8Z3g6N2IxYTg0YWJjYWM3NTYyZg
GústameLiked by 1 person
Moitas grazs pola información , Suso!
GústameGústame
Unha boa opción o de añadir un diccionario para coñecer máis palabras do mundo do mar .
GústameGústame