Dicionario mariñeiro

  • APROAR: dirixir  en certa  dirección  a  proa dun navío.
  • AVANTE: en dirección a un lugar que está diante  nosa .
  • BABOR: lado esquerdo do barco.
  • BERGANTÍN: embarcación de dous paus de velas cadrangulares ou redondas.
  • BRUMA: néboa pouco espesa, que se forma especialmente  no mar .
  • CABOTAXE: navegación mercante que se fai ó longo da costa, entre as portas dunha nación.
  • COPE: parte do aparello, a xeito de bolsa, onde se concentra o peixe.
  • ESTRIBOR: lado dereito do barco.
  • FARO: torre cunha lanterna situado nalgún punto da costa ou arrecife. Serve para facilitar a  navegación.
  • FOQUE: vela triangular  de proa nunha  embarcación.
  • GRUMETE: aprendiz de mariñeiro que axuda  á tripulación nas súas faenas.
  • MAREMOTOS: axitación violenta que se produce nas augas do mar debido á oscilación sísmica.
  • MARIÑEIRO: todo profesional que traballa   a bordo de embarcacións pesqueiras no mar, tamén chamado pescador.
  • MARUSÍA: cheiro a  mar e a algas; mar moi axitado, que pode facer perigosa a navegación.
  • MASTRO: poste de madeira ou de ferro, colocado en posición vertical nun barco, que sostén as velas e, nos barcos modernos, as antenas de radio, os focos etc.
  • NÁUFRAGO: persoa que sufriu un naufraxio.
  • NAUFRAXIO: afundimento dun barco no mar, xeralmente provocado por unha vía de auga .
  • ONDA: movemento circular das augas ascendentes  e descendentes.
  • POPA: parte traseira do casco dunha embarcación.
  • PROA: parte dianteira do casco dunha embarcación.
  • TEMÓN: peza de madeira ou de metal dunha embarcación, que fai xirar a balsa a babor ou a estribor.
  • TIFÓN: ciclón moi violento dos mares da China e do océano Índico acompañado de fortes ventos e chuvias torrenciais .
  • TRIPULACIÓN: conxunto de persoas  encargadas   de conducir e manter o servizo dun barco, avión ou nave espacial.
  • VELEIRO: embarcación provista de velas que se move mediante a propulsión do aire.

Para todos aqueles que queirades profundizar máis no vocabulario mariñeiro deixámosvos este enlace a un dicionario mariñeiro feito na Arxentina. Se atopades un propio, podedes deixar comentario e enlace.

En La Voz de Galicia atopamos tamén as primeiras palabras do que sería un Dicionario mariñeiro, pero non atopamos continuidade.

Advertisements

7 thoughts on “Dicionario mariñeiro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s