Entrevista a un mariñeiro

1.- Cando empezou a ser mariñeiro? Por que?

Aos 15 anos, porque toda a miña familia era mariñeira.

2.-Sabe nadar? Dálle medo o mar? Por que?

Si. Non me dá medo o mar porque foi onde me criei.

3.-Cantos barcos ten ou tivo ao longo da súa vida?

Catro.

4.-Algún dos seus barcos sufriu algún accidente no mar? Houbo feridos? Ía vostede a bordo?

Si, por desgraza. Seis desaparecidos e un morto. Si, eu tamén ía a bordo.

5.- Aínda vai pescar?

Si.

6.- Ten algún peixe preferido?

Non, gústanme todos.

7.-Botaba moito tempo no mar?

Si. Ata 28 días.

8.- Garda algunha lembranza especial?

Si. Salveime dun naufraxio.

9.- Gañaba moitos cartos con este traballo?

Non, a verdade é que regular, gañaba pouco.

10.- Ía moi lonxe pescar?

Si. Ata Gran Sol.

Desde aquí queremos agradecerlle a JUAN ANTONIO IRIARTE BURGAÑA a súa colaboración neste traballo, e sobre todo a lección de vida que nos deu coa súa charla e coa súa actitude.

Advertisements

4 comentarios en “Entrevista a un mariñeiro

  1. Como neta da persoa a que entrevistasteis pódovos dicir que acertasteis de pleno . Home dicharacheiro na intimidade e reservado no público ; pero lobo de mar .

    Auténtico home de mar que fixo delo a sua profesión pero tamén a sua vida .

    Liked by 1 person

  2. Orgullosa de que as persoas que educamos teñamos en conta a realidade que nos rodea e non só o curriculum que nos impoñen .

    Noraboa rapazas polo excelente traballo que reflicte a dureza da vida no mar a que tiveron e teñen que facer frente as xentes que a elo se adican cada día .

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s